¿Onde se realizará a Festa do Deporte SCQ 2019?
A Festa do Deporte pretende ser un gran escenario que facilite a máxima participación de todos os axentes implicados, polo que centrará os seus focos en espazos de libre concorrencia como son o Parque Público de Galeras, xunto con instalacións deportivas tradicionais como son as ubicadas en Santa Isabel (pavillón polideportivo e campo de fútbol).
¿Cal é o horario das actividades?
A programación xeral do evento é:
- Domingo 29 de setembro: de 11,00 a 14,30 horas
- Luns 30 de setembro: de 10,30 a 14,00 horas.
¿Qué tipo de actividades podo atopar?
Existen actividades para todas as idades, gustos e condición física. Haberá actividades de exhibición e actividades participativas.
