O Boccia é un deporte paralímpico cuia práctica está destinada a persoas con parálise cerebral e discapacidades físicas cun elevado nivel de afectación funcional. É un xogo de precisión e estratexia.
Pódese xogar de maneira individual, en parellas ou en equipos. O Slalom é unha modalidade deportiva practicada por persoas con discapacidade física, usuarios en cadeiras de rodas. Consiste en percorrer no menor tempo posible un circuíto con diferentes obstáculos, cometendo o menor número de erros. Trátase dunha proba de habilidade coa cadeira.
***Para as actividades en Pavillón e Campo de Fútbol é obrigatorio levar calzado deportivo
