Deseñarase un pequeno circuíto de actividades rotativas para a aprendizaxe e socialización das nocións básicas do fútbol gaélico. Realizarase unha pequena explicación de para que serve cada técnica de pase do balón e unha aplicación práctica en forma de xogos individuais, por parellas e en grupos.
***Preferentemente roupa deportiva.
***Para as actividades en Pavillón e Campo de Fútbol é obrigatorio levar calzado deportivo.
