Exhibición de Agility. Os cans participantes, dirixidos pola súa guía, farán un percorrido contrareloxo ao longo do cal deberán sortear diferentes obstáculos. Durante o percorrido os cans amosarán a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e tamén a súa axilidade, valorándose a velocidade e a calidade na execución do percorrido
