Preguntas frecuentes

A Festa do Deporte pretende ser un gran escenario que facilite a máxima participación de todos os axentes implicados, polo que centrará os seus focos en espazos de libre concorrencia como son o Parque Público de Galeras, xunto con instalacións deportivas tradicionais como son as ubicadas en Santa Isabel (pavillón polideportivo e campo de fútbol).

A programación xeral do evento é:

  • Venres 28 de setembro: de 10,30 a 14,00 horas e de 17,30 horas a 20,30 horas. 

  • Sábado 29 de setembro: de 10,30 a 14,30 horas. 

Existen actividades para todas as idades, gustos e condición física. Haberá actividades de exhibición e actividades participativas.

As actividades son de balde e sen rexistro previo.