FESTA DO DEPORTE SCQ 2019

A  Festa do Deporte SCQ naceu como unha iniciativa promovida polo Departamento Municipal de Deportes do Concello de Santiago de Compostela e ten como principal obxectivo conseguir que os composteláns e as compostelás coñezan de preto a gran variedade de modalidades deportivas que lle ofrece a nosa cidade.

Tras o éxito acadado nas pasadas edicións, temos o pracer de comunicarvos que poderemos desfrutar novamente da  Festa do Deporte os días  29 e 30 de  Setembro de 2019.

O obxectivo principal do evento é que Compostela viva unha exaltación do deporte contando ca participación de máis de 50 entidades e modalidades deportivas. Será un evento recreativo e popular, que estará aberto á participación de toda a familia e que contará con actividades adaptadas ao nivel de todos os asistentes.